Cabecera Vide

Pistoletazo de saída da competición Vigo en Xogo esta fin de semana

clausura_vigoenxogo_2013A Agrupación Deportiva Vigo, que preside Alejandro Costas, da o pistoletazo de saída a competición de Vigo en Xogo (competición recreativa non federada que comezou no ano 1992) nas modalidades de fútbol sala, con 82 equipos repartidos en 6 divisións, fútbol 7, 126 equipos e 8 divisións e baloncesto, con 31 equipos en 3 divisións, contanto cunha participación con preto de 3.300 participantes.

Na nova tempada, a primeira xornada foi fixada para o primeiro fin de semana de outubro (5 e 6). A trixésima xornada de competición disputarase a fin de semana do 7 e 8 de xuño e será a derradeira.

En 2013, a Liga parará na ponte de Todos os Santos (fin de semana do 2 e 3 de novembro) e na ponte da Constitución (7 e 8 de decembro).

Despois do paréntesis do Nadal, Aninovo e Reis, Vigo en Xogo volverá o 11 de xaneiro, e en 2014 non haberá liga a fin de semana da festividade da Reconquista de Vigo (29 e 30 de marzo), a ponte de Semana Santa (19 e 20 de abril) e na fin de semana que se celebra o Día das Letras Galegas (17 e 18 de maio).

Na foto, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, o presidente de Vide e concelleiro de deportes do Concello de Vigo, Manel Fernández e o presidente da Agrupación Deportiva Vigo, Alejandro Costas, na xornada de clausura de Vigo en Xogo da tempada 2012/13.

pdf  Calendario de competición 2013/14 (63.06 kB)

Horarios 1ª xornada