Cabecera Vide

VIDE marca do 4 ao 10 de xullo a Vigo Cup 2011

santidmguez1A Fundación Vigo en Deporte fixou a Vigo Cup 2011 do 4 ao 10 de xullo deste ano. O evento, que entra na súa undécima edición e cumpre dez anos de vida, volverá apostar polos valores que o fixeron grande durante toda unha década.

Así, manterase o criterio de compaxinar a competición coa convivencia diaria duns 3.000 participantes.
A organización ten previsto levar os encontros a unha decena de campos de Vigo e en futuras datas presentará algunhas novidades que axudarán a seguir elevando a calidade do torneo co apoio da Concellería de Deportes, o IMD e a Fundación Celta de Vigo, ademais de varios patrocinios privados. Como cada ano hai algunhas sorpresas.

En tempos de crise, VIDE tamén entende que debe continuar coa conxelación dos prezos de inscrición, como sucedeu os últimos anos. O prazo de inscrición xa está aberto e a data límite de solicitude de inscrición será o vindeiro 13 de maio.

As categorías previstas son as seguintes:

Fútbol 7

Sub 7 (nacid@s despois do 1 de xaneiro de 2004). Sub 8 (nacid@s despois do 1 de xaneiro de 2003). Sub 10 (nacid@s despois do 1 de xaneiro de 2001). Sub 12 (nacid@s despois do 1 de xaneiro de 1999). Sub 16 (nacidas despois do 1 de xaneiro de 1995). Damas (aberto). As categorías sub 7, sub 8, sub 10 e sub 12 son mixtas.

Fútbol 11

Sub 14 (nacid@s despois do 1 de xaneiro de 1997). Sub 16 (nacidos despois do 1 de xaneiro de 1995). A categoría sub 14 é mixta.

@s deportistas poderán xogar en categorías superiores á correspondente por idade, nunca en inferiores, pero só se poderán inscribir e xogar nunha categoría e equipo.

Matrícula

Sub 7 e Sub 8: 30 € por equipo.
Resto de categorías: Matrícula Ordinaria de 90 € por equipo. Matrícula Bonificada de 60 € por equipo solicitando a inscrición antes do 2 de maio de 2011.

Cada 5 inscricións de equipos do mesmo club, un (1) gratis.

Os campións do cadro de honra da edición de 2010 de cada categoría están invitados á presente edición.

pdf Solicitude de inscrición en formato PDF (174.26 kB)

 

vigocup