Ensino, Vigo e Victoria impóñense no Trofeo Reconquista de petanca, o evento máis importante da tempada local. O presidente de VIDE, Manel Fernández, clausurou onte a vixésima edición do Trofeo Reconquista de petanca, organizada polo Club Petanca Vigo e patrocinada polo Concello de Vigo.
Con máis de trescentos participantes que disputaron a competición dende o pasado día 28, o Ensino A fíxose co título en 1ª categoría masculina e o Vigo D en 2ª categoría, mentres que o triunfo no campionato feminino foi para o Victoria.
O concelleiro de Deportes agradeceu a resposta das entidades a este tradicional evento desenvolvido no parque de A Bouza e desexou que o ano próximo "manteñase" o "excelente nivel deportivo demostrado".
En setembro, as pistas de petanca de A Bouza cumprirán un cuarto de século de xestión do C.P. Vigo, presidido actualmente por Ramón Simón.