A alpinista viguesa Chus Lago inspirouse no anuncio que o mítico aventureiro Ernest Shackleton publicou no Estafes alá polo 1907 para buscar homes dispostos a acompañalo á Antártida. Agora, cambia homes por mulleres e consegue o apoio de tres deportistas, Estela Estévez, atleta olímpica en Barcelona 92, Verónica Romero e Silvia Rey.
Xuntas, estan a desenvolver a expedición Compromiso coa terra. Mulleres Españolas. Lagos Xeaos de Laponia, que as leva entre o Inari e o Torneträsk, no Círculo Polar Ártico, do 8 ao 27 de febreiro.
O obxectivo é claro: concienciar ao mundo sobre o quentamento global e a urxente necesidade de reducir a temperatura do planeta mediante unha travesía de 200 quilómetros nun medio hostil. Chus Lago explica que esta expedición "é a antesala doutra máis grande, a que levaremos a cabo en 2017 para cruzar Groenlandia de sur a norte", a través de 1.300 quilómetros. "O que queremos é achegar o noso gran de area como deportistas. Se nos xuntamos catro mulleres de disciplinas tan distintas para traballar xuntas, e demostramos a nosa vontade, significa que todos podemos sumar contra o cambio climático".
Travesía de 200 quilómetros con frío, gretas e perigo de whiteouts
As deportistas, que levan entrando duro máis de medio ano para lograr o seu obxectivo, saben que son pioneiras en España en afrontar este reto: completar unha travesía de 200 quilómetros a través dos lagos xeados de Laponia: 130 sobre o lago Inari e máis de 70 sobre o Torneträsk. As baixas temperaturas, o perigo polas gretas e a ameaza por whiteouts, cegueira provocada pola neve en suspensión) serán os principais riscos nun periplo no que deberán de empurrar tras si senllas zorras (pulkas) cargadas de material, o que engade un sobreesforzo ao reto.
Catro recoñecidas deportistas da área viguesa, xuntas
O proxecto e a expedición está liderada por Chus Lago, Medalla ao Mérito Deportivo do Consello Superior de Deportes, Medalla Castelao da Xunta e Leopardo das Neves dende 2004, título outorgado aos alpinistas que conseguen pisar o cume dos picos máis altos de la extinta Unión Soviética.
Xunto a ela, afrontará este desafío Estela Estévez, atleta viguesa que foi olímpica en Barcelona 92 e campioa de España en diversas distancias; Verónica Romero, grande atleta popular con destaca traxectoria deportiva e Silvia Rey, adestradora voluntaria no Proxecto Discamino.