
VIDE naceu meses antes, porque o acta fundacional foi asinada o 19 de novembro de 2001 (e será o ano que vén cando celebre unha década de servizo ao deporte local), pero o seu lugar físico na cidade inaugurouse o 17 de abril de 2002. Neste tempo, noventa e un deportistas vigueses recibiron axuda directa de VIDE grazas ás súas bolsas (Base, Elite e Olímpica) e os clubs de elite e de base que quixeron unirse a esta mostra de traballo coordinado e solidario foron incontables.
Nesta data sinalada, VIDE desexa felicitar especialmente aos seus catro patróns fundadores, Concello, Caixanova, PSA Peugeot Citroën e Pescanova, que se mantiveron fieis ao proxecto dende o seu inicio. Dende a firma do acta de creación desta entidade, catro foron os presidentes de VIDE (Lois Pérez Castrillo, Ventura Pérez Mariño, Corina Porro e Xabier Alonso) e tres as persoas que ocuparon a Xerencia: Santiago Araújo (2001-2004), Raúl Portela (2004-2007) e Laura Magdalena (dende o 1 de novembro de 2007).
O pleno do Concello aprobou os estatutos da fundación en xullo de 2001, aínda que esta idea de Santiago Domínguez Olveira, naquela época concelleiro de Deportes, agora tenente de alcalde de Vigo, comezou a traballarse entre os anos 1999 e 2000.
A imaxe amosa o día da inauguración da sede de VIDE no Instituto Municipal dos Deportes de As Travesas, á que se achegaron todos os patronos, o alcalde Lois Pérez Castrillo; o presidente de Pescanova, Manuel Fernández de Sousa-Faro, o director xeral adxunto de Caixanova, José Luis Pego (agora director xeral da entidade financieira); e o director de PSA Vigo naquelas datas, Javier Riera. En primeiro plano, Santi Domínguez, concelleiro de Deportes de Vigo durante o mandato municipal 1999-2003.