Colaboradores
- 1
- 2
A Fundación VIDE lanza este xoves a preinscrición para os tres campus polideportivos de xuño e xullo nas Travesas e Samil

15 Maio 2023
A Fundación Vigo en Deporte lanza a preinscrición para os seus tres campus polideportivos, que contarán co apoio dos cadros técnicos dos principis clubs adscritos ao programa Siareiros. Este programa, que dá continuidade no verán ao prograna municipal de escolas deportivas, comezou no ano 2000 e por el xa pasaron milleiros de nenas e nenos.
Ler máis...O programa VIDE en Futuro, de récord este ano: 29 deportistas reciben unha axuda económica polos seus resultados 21-22

23 Decembro 2022
A Fundación Vigo en Deporte bateu tódalas marcas de axudas ao deporte individual ao chegar a vinte e nove deportistas, dez deles mulleres, na súa novena edición das bolsas sub-23. O programa VIDE en Futuro, que se chama así dende o ano pasado, volveu repartir 20.000 euros e xa suma 180.000 dende 2014 para as modalidades individuais, dúos ou tríos.
Ler máis...- Detalles
Sexto Nadal consecutivo co fútbol 8 (categorías prebenxamín, benxamín e alevín) e o fútbol 11 (infantil) como protagonistas nunha acción co pulo do Concello e a organización de Afavi, a Asociación de Fútbol Afeccionado de Vigo, e da Fundación VIDE.
- Detalles
Ata dezaseis deportistas vigueses, once homes e cinco mulleres, de cinco modalidades (bádminton, ximnasia acrobática, tenis, tríatlon e vela), presentaron un currículo internacional espectacular con dous campionatos do mundo de vela (Martín Wizner en 420 junior en Fremantle e Tone Pérez e Laura Llópiz na categoría mixta de Vaurien en Travemunde).
- Detalles
O concelleiro de Deportes, Manel Fernández, presentou hoxe o Trofeo Cidade de Vigo de kárate, que se celebra este sábado (17:00 horas, Pavillón Pablo Beiro de Bouzas) que un ano máis patrocina o Concello e organiza a Asociación Deportiva Zanshin.
- Detalles
O Concello de Vigo abriu o prazo para que as entidades organizadoras de eventos poidan solicitar datas do primeiro semestre do 2019 para as súas competicións.
- Detalles
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, recibiu a unha representación dos clubs que participarán na Liga Concello de Vigo 18/19 de fútbol 8, prevista os sábados dende o vindeiro 10 de novembro ata o 1 de xuño no complexo deportivo municipal de Samil.