Colaboradores
- 1
- 2
A gañadora do sorteo dunha viaxe recibiu o seu premio das mans da directora de Viaxes Zonda e de Manel Fernández

13 Marzo 2023
Xa temos gañador da viaxe para dúas persoas cortesía de Viaxes Zonda, desta volta gañadora. O boleto, dos ofrecidos polo club Balona Linense FS, foi mercado (doazón de 1 euro) por Verónica Fernández.
Ler máis...O programa VIDE en Futuro, de récord este ano: 29 deportistas reciben unha axuda económica polos seus resultados 21-22

23 Decembro 2022
A Fundación Vigo en Deporte bateu tódalas marcas de axudas ao deporte individual ao chegar a vinte e nove deportistas, dez deles mulleres, na súa novena edición das bolsas sub-23. O programa VIDE en Futuro, que se chama así dende o ano pasado, volveu repartir 20.000 euros e xa suma 180.000 dende 2014 para as modalidades individuais, dúos ou tríos.
Ler máis...- Detalles
A Vigo Cup disputarase este ano do 24 de xuño ao 7 de xullo, no formato dos dous últimos veráns, e a Real Federación Galega de Fútbol manterá unha estreita colaboración co Concello de Vigo, impulsor do evento a través da Fundación Vigo en Deporte (VIDE).
- Detalles
Esgotadas as prazas para o campamento de VIDE nas Travesas, pero aínda non para o de Samil. Os campamentos polideportivos que organiza a Fundación Vigo en Deporte por encargo do Concello teñen confirmado xa o 80% das mesmas, con cupo cuberto no campus das Travesas (24-28 de xuño) e pouco máis de medio cento aínda libres no de Samil (8-12 de xullo). Os campus están dirixidos a nenas e nenos de 6 a 14 anos.
- Detalles
A Vigo Cup xa está en marcha. O torneo internacional de fútbol base (fútbol 7 e fútbol) e fútbol sala ten aberta a súa inscrición. Organizado pola Fundación VIDE por encargo do Concello de Vigo, vaise celebrar nos mellores campos e instalacións deportivas municipais da cidade do 24 ao 30 de xuño (terceira edición do torneo de fútbol sala) e do 1 ao 7 de xullo (decimonovena edición do campionato de fútbol e fútbol 7).
- Detalles
Nova tempada de campus polideportivos co pulo da Fundación VIDE, da que o Concello de Vigo é membro fundador. Este luns 13 de maio, dende as 8:30 horas, ábrese o prazo de inscrición para o campamento das Travesas (24-28 de xuño) e tamén para o de Samil (8-12 de xullo). En total, trescentas prazas para nenas e nenos de 6 a 14 anos, repartidas coma os anos anteriores: duascentas para a actividade do complexo das Travesas e un cento para a de Samil.
- Detalles
O concelleiro de Deportes, Manel Fernández, está "moi satisfeito" dos éxitos que está a colleitar o balonmán, nomeadamente o feminino esta tempada.