Concello de Vigo    

Cabeceira Vide
  • 1
  • 2

A gañadora do sorteo dunha viaxe recibiu o seu premio das mans da directora de Viaxes Zonda e de Manel Fernández

A gañadora do sorteo dunha viaxe recibiu o seu premio das mans da directora de Viaxes Zonda e de Manel Fernández

13 Marzo 2023

Xa temos gañador da viaxe para dúas persoas cortesía de Viaxes Zonda, desta volta gañadora. O boleto, dos ofrecidos polo club Balona Linense FS, foi mercado (doazón de 1 euro) por Verónica Fernández.

Ler máis...

O programa VIDE en Futuro, de récord este ano: 29 deportistas reciben unha axuda económica polos seus resultados 21-22

O programa VIDE en Futuro, de récord este ano: 29 deportistas reciben unha axuda económica polos seus resultados 21-22

23 Decembro 2022

A Fundación Vigo en Deporte bateu tódalas marcas de axudas ao deporte individual ao chegar a vinte e nove deportistas, dez deles mulleres, na súa novena edición das bolsas sub-23. O programa VIDE en Futuro, que se chama así dende o ano pasado, volveu repartir 20.000 euros e xa suma 180.000 dende 2014 para as modalidades individuais, dúos ou tríos.

Ler máis...

chanoeropeoislandiaO vigués Sebastián Rodríguez, “Chano”, rematou con seis metais os Campionatos de Europa de natación para discapacitados. Cinco medallas de ouro e unha de prata foron o seu botín na piscina de 50 metros e 10 rúas situada no Complexo de Natación Laugardalur de Reykjavik, a capital islandesa. O anterior Campionato de Europa celebrouse no ano 2001 en Estocolmo (Suecia).

 

jorge-casales-otra-victoriaOs pasados días 17 e 18 de outubro en La Pola de Gordón disputouse a terceira e derradeira proba do RFME Trofeo Nacional de Trial Tr3, Xuvenil, Cadete e Mulleres. Na Copa de España de trial cadete, ao vigués Jorge Casales (Motoelite), cunha Gas Gas, bastáballe con rematar segundo para alzarse co trofeo, e así o fixo o novo piloto. Oriol Noguera (Gas Gas), que terminara en segunda posición nas dúas anteriores probas, facíase coa vitoria, pero o título viaxaba ás mans de Casales.

 

125x92voviA Fundación Vigo en Deporte continúa o seu apoio non só aos eventos propios de base (Vigo Cup e campus polideportivo) senón tamén aos grandes eventos da cidade.

 

visitacaixanovaO Foro FISU 2010 (21-26 de xuño de 2010) que organiza a Fundación Vigo en Deporte co apoio de Tenencia de Alcaldía, Concellería de Deportes, Consejo Superior de Deportes e Universidade de Vigo, pivotará sobre o Centro Social Caixanova, teatro e salón de actos do campus da Universidade de Vigo nas Lagoas-Marcosende e Centro Cultural Caixanova. Comité organizador local e CESU (Comité para o Estudo do Deporte Universitario) así o decidiron tras ver venres e sábado pasados todas as instalacións.

 

reunioncesu“Enhorabuena por el informe. La organización es tan buena que nos vamos tranquilos porque hay muchas cosas ya preparadas para hacer el mejor Foro FISU”.

Claude-Louis Gallien, presidente del Comité para el Estudio del Deporte Universitario (CESU) y, además, vicepresidente primero de la Federación Internacional de Deporte Universitario (FISU), felicitaba así al comité local organizador del X Foro FISU, felicitaba así ao comité local organizador do X Foro FISU, polo seu “completo” traballo preparatorio dun encontro que en 2010 reunirá en Vigo a máis de 200 delegados duns 50 países para debater sobre o estado do deporte universitario mundial. O CESU considerou que Vigo está lista para organizar un evento dese calibre.