Colaboradores
- 1
- 2
A gañadora do sorteo dunha viaxe recibiu o seu premio das mans da directora de Viaxes Zonda e de Manel Fernández

13 Marzo 2023
Xa temos gañador da viaxe para dúas persoas cortesía de Viaxes Zonda, desta volta gañadora. O boleto, dos ofrecidos polo club Balona Linense FS, foi mercado (doazón de 1 euro) por Verónica Fernández.
Ler máis...O programa VIDE en Futuro, de récord este ano: 29 deportistas reciben unha axuda económica polos seus resultados 21-22

23 Decembro 2022
A Fundación Vigo en Deporte bateu tódalas marcas de axudas ao deporte individual ao chegar a vinte e nove deportistas, dez deles mulleres, na súa novena edición das bolsas sub-23. O programa VIDE en Futuro, que se chama así dende o ano pasado, volveu repartir 20.000 euros e xa suma 180.000 dende 2014 para as modalidades individuais, dúos ou tríos.
Ler máis...- Detalles
E a Universidade de Vigo irá aos I Europeos Universitarios en Braga en decembro. O taekwondo galego en particular e o europeo e mundial en xeral seguirán tendo a Vigo e ata á Eurorrexión de referencia tanto no que queda de ano como para 2010. A Asociación Europea de Deporte Universitario (EUSA) fixou a cidade de Braga como sede da primeira edición dos Campionatos de Europa de taekwondo universitario, no vindeiro mes de decembro (10-12), e a Universidade do Minho será a encargada de facer un gran evento no Pavilhao Desportivo Universitario.
- Detalles
Joel González (Cataluña) e Raúl Bouzas (Galicia) salvaron a España nunha magnífica xornada final dos primeiros Campionatos de Europa sub 21 de taekwondo. Tras dous días de seca de primeiros postos, o arousano e o catalán depararon dous combates impecables.
- Detalles
Outra bolseira da Fundación Vigo en Deporte no cumio. Andrea Rica (Vigo, 1984) non se perderá estes Europeos. A taekwondista viguesa atópase na cidade e será a especialista da TVG este sábado para cubrir o evento. Curioso: a gran campioa local non poderá estar sobre o tapiz nestes Europeos (obviamente por idade) nin tampouco o ano que vén nos Mundiais universitarios, tamén nas Travesas (hai dous anos que acabou a súa carreira e o que estuda actualmente non é convalidable). A afección local sempre a viu gañar lonxe da súa casa.
- Detalles
O presidente da Fundación Vigo en Deporte, Xabier Alonso, e o tenente de alcalde de Vigo, Santiago Domínguez, ofreceron onte unha recepción aos membros da Unión Europea de Taekwondo e aos representantes das delegacións que ata o domingo disputarán a primeira edición dos Campionatos de Europa sub 21 de taekwondo.
- Detalles
Portugal (“os nossos irmãos”) vai participar nos Campionatos de Europa sub 21 coa maior comitiva de sempre num campionato continental. A Federação Portuguesa de Taekwondo confirmou a lista e amosa esperanza dun “bo resultado” pola traxectoria dalguns deportistas nas competicións de Clase "A" e os Europeos. Haberá dezaseis taekwondistas (oito homes e oito mulleres), dos cales seis son da asociación de Braga (Associação de Taekwondo Koryo).