Colaboradores
- 1
- 2
Caballero di que a “épica” vai definir o Trail Montes de Vigo, en outubro dende Fragoselo e con “dureza extrema”

26 Setembro 2023
Abel Caballero, alcalde de Vigo, anunciou hoxe o regreso do Trail Montes de Vigo, o vindeiro 22 de outubro, despois de catro anos de ausencia da proba pola pandemia. As parroquias viguesas de Coruxo, Saiáns e Oia, ademais da de Chandebrito, en Nigrán, serán o escenario da competición, que o rexedor definiu como “épica” pola dificultade dunha carreira cun trail longo (24 quilómetros) e outro curto (15 km.), con desniveis de 1.500 metros. “É unha proba de dureza extrema”, resumiu Caballero, que dixo tamén que o evento ofrece “un discurso medioambiental e de atletismo”, baixo a organización da Mancomunidade de Montes de Vigo, que preside Uxío González, e co patrocinio do Concello.
Ler máis...O programa VIDE en Futuro, de récord este ano: 29 deportistas reciben unha axuda económica polos seus resultados 21-22

23 Decembro 2022
A Fundación Vigo en Deporte bateu tódalas marcas de axudas ao deporte individual ao chegar a vinte e nove deportistas, dez deles mulleres, na súa novena edición das bolsas sub-23. O programa VIDE en Futuro, que se chama así dende o ano pasado, volveu repartir 20.000 euros e xa suma 180.000 dende 2014 para as modalidades individuais, dúos ou tríos.
Ler máis...- Detalles
As entradas para a Supercopa de España de fútbol sala, que se disputará os vindeiros días 7 e 8 de este mes (xoves e venres) no pavillón central do IMD das Travesas, poranse á venda esta mesma tarde nos despachos de billetes do complexo deportivo municipal vigués. A organización fixou uns prezos populares de 6 euros para a xornada de semifinais e de 10€ para a final. Ademais, o abono para ver as dúas xornadas será de 12€. Os menores de 15 anos poden entrar de balde presentando o DNI ou documento acreditativo da idade ata completar aforo.
- Detalles
A Supercopa de España de fútbol sala regresa a Vigo dez anos despois de que o Caja Segovia conquistásea en formato de partido único, con Santiago Domínguez como concelleiro de Deportes do Concello vigués. Naquela oportunidade (setembro de 2000), un gol de ouro de Daniel deu a vitoria aos segovianos sobre o Playas de Castellón (6-5) ante uns 1.700 espectadores. Ademais, aquel triunfo serviu para que o Caja Segovia levase o trofeo en propiedade ao gañala por terceiro ano consecutivo.
- Detalles
Dende que se fixo público que o Xacobeo 2010 Lobelle de Santiago FS fretaba autobuses para os seus afeccionados a demanda de prazas foi crecendo. De feito, ao final o club decidiu fretar un autobús máis para que ninguén quede en Santiago.
- Detalles
O 7 de xaneiro de 2010 terá lugar no Centro de Tecnificación de Galicia de Bádminton de A Estrada a segunda concentración galega do programa Se Busca Campión 2009/2010. Esta concentración vaise celebrar na Pista Anexa do Pavillón Municipal "Couto Ferreiro" da Estrada en horario de 10:30 a 13:30 e de 16:00 a 19:00 horas baixo a dirección do técnico responsable do CETD A Estrada Rafael Vázquez.
- Detalles
O 4 e 5 de xaneiro de 2010 a celebro no Polideportivo Florida - Babel de Alicante a 7ª proba do Circuíto Nacional de Bádminton sub-15/sub-17 con participación galega. Un total de 8 xogadores do CB Thebes&Reale A Estrada tomaron parte nesta proba. Os xogadores galegos do Cb Thebes&Reale A Estrada participantes foron: