Concello de Vigo    

Cabeceira Vide
  • 1
  • 2

Caballero di que a “épica” vai definir o Trail Montes de Vigo, en outubro dende Fragoselo e con “dureza extrema”

Caballero di que a “épica” vai definir o Trail Montes de Vigo, en outubro dende Fragoselo e con “dureza extrema”

26 Setembro 2023

Abel Caballero, alcalde de Vigo, anunciou hoxe o regreso do Trail Montes de Vigo, o vindeiro 22 de outubro, despois de catro anos de ausencia da proba pola pandemia. As parroquias viguesas de Coruxo, Saiáns e Oia, ademais da de Chandebrito, en Nigrán, serán o escenario da competición, que o rexedor definiu como “épica” pola dificultade dunha carreira cun trail longo (24 quilómetros) e outro curto (15 km.), con desniveis de 1.500 metros. “É unha proba de dureza extrema”, resumiu Caballero, que dixo tamén que o evento ofrece “un discurso medioambiental e de atletismo”, baixo a organización da Mancomunidade de Montes de Vigo, que preside Uxío González, e co patrocinio do Concello.

Ler máis...

O programa VIDE en Futuro, de récord este ano: 29 deportistas reciben unha axuda económica polos seus resultados 21-22

O programa VIDE en Futuro, de récord este ano: 29 deportistas reciben unha axuda económica polos seus resultados 21-22

23 Decembro 2022

A Fundación Vigo en Deporte bateu tódalas marcas de axudas ao deporte individual ao chegar a vinte e nove deportistas, dez deles mulleres, na súa novena edición das bolsas sub-23. O programa VIDE en Futuro, que se chama así dende o ano pasado, volveu repartir 20.000 euros e xa suma 180.000 dende 2014 para as modalidades individuais, dúos ou tríos.

Ler máis...

supercopaxogadaoresAo mediodía de hoxe venres esgotáronse as entradas postas á venda no despacho de billetes das Travesas para o encontro decisivo da Supercopa de España de fútbol sala. A taquillaxe posta á venda esgotouse en trinta minutos e o cheo absoluto está asegurado para o choque que xogarán esta noite (21:00 horas) o Xacobeo 2010 Lobelle santiagués e o ElPozo Murcia Turística.

 

O sábado 9 de xaneiro de 2010 celébrase no Pavillón do Club do Mar de San Amaro a terceira e última xornada da Liga Galega de Clubs -2009/2010 absoluta e sub-15 organizada pola Federación Galega de Bádminton e o Club do Mar de San amaro e que conta coa colaboración da Secretaria Xeral para o Deporte, o Concello de A Coruña e o Club do Mar de Santo Amaro.

 

veo

VEO7 está a realizar unha firme aposta polo fútbol sala e a segunda semifinal, Inter Movistar-Xacobeo 2010 Lobelle de hoxe, estreará as retransmisións desta cadea coas semifinais da Supercopa de España.

 

recepcionsupercopaO Concello de Vigo ofreceu hoxe unha recepción oficial aos equipos participantes na Supercopa (Inter Movistar, ElPozo Murcia, Xacobeo 2010 Lobelle e FC Barcelona) e aos representantes da Liga Nacional de Fútbol Sala. A Supercopa xógase en Vigo hoxe xoves e mañá venres, no pavillón das Travesas.

 

48 horas de fútbol sala sen interrupción. Iso suporá a celebración da Supercopa de España, que terá hoxe e mañá en Vigo, segundo informa a Liga Nacional de Fútbol Sala na súa páxina web oficial en internet (www.lnfs.es). Durante esas dúas xornadas, o mellor espectáculo non só estará presente na Pista Azul da LNFS instalada no pavillón das Travesas, senón que tamén se vivirá en todos os recunchos da cidade, mediante o desenvolvemento de distintas actividades que amenizarán as horas previas aos encontros.