• 1
  • 2
  • 3

Manel Fernández mantén contacto telefónico cos clubs da cidade para darlles ánimos nestas semanas de confinamento

Manel Fernández mantén contacto telefónico cos clubs da cidade para darlles ánimos nestas semanas de confinamento

26 Marzo 2020

O concelleiro de Deportes e vicepresidente da Fundación VIDE, Manel Fernández, mantén contactos telefónicos constantes cos responsables do tecido deportivo vigués para seguir ao día as súas vicisitudes. Sabedor das dificultades que os equipos están a atravesar (hai entidades semiprofesionais viguesas, pero tamén un gran número de clubs que manexan altruistamente centos de mozas e mozos), o edil quere estar ao día da vida do tecido deportivo mentres se mantén o confinamento.

Ler máis...

O Torneo de Nadal de fútbol 8 arrincou con cheo de afeccionados e a primeira final vaise decidir no campo do Meixoeiro hoxe

O Torneo de Nadal de fútbol 8 arrincou con cheo de afeccionados e a primeira final vaise decidir no campo do Meixoeiro hoxe

27 Decembro 2019

Un cento de partidos, campos cheos, frío, emoción, equilibrio, luz artificial de última xeración para seguir sen dificultade os partidos nocturnos... A sétima edición do Torneo de Nadal Concello de Vigo arrincou este xoves cun maratón de encontros en categoría alevín para determinar esta tarde (17:20 horas, Meixoeiro) o primeiro campión do trofeo, que ademais accederá ao Super 6 do sábado no Municipal Pahiño.

Ler máis...

A Fundación VIDE e Viaxes Zonda lanzan un novo sorteo co obxectivo de acadar 46.000 euros para os clubs do programa Siareiros

A Fundación VIDE e Viaxes Zonda lanzan un novo sorteo co obxectivo de acadar 46.000 euros para os clubs do programa Siareiros

30 Outubro 2019

En marcha unha nova edición do tradicional sorteo dunha viaxe para obter fondos para os clubs do programa Siareiros. A Fundación Vigo en Deporte (VIDE) e Viaxes Zonda lanzan a quinta campaña consecutiva, con 46.000 euros en boletos para o sorteo dunha viaxe a Marrocos, Ceuta, Xerez e Alxeciras.

Ler máis...

48 horas de fútbol sala sen interrupción. Iso suporá a celebración da Supercopa de España, que terá hoxe e mañá en Vigo, segundo informa a Liga Nacional de Fútbol Sala na súa páxina web oficial en internet (www.lnfs.es). Durante esas dúas xornadas, o mellor espectáculo non só estará presente na Pista Azul da LNFS instalada no pavillón das Travesas, senón que tamén se vivirá en todos os recunchos da cidade, mediante o desenvolvemento de distintas actividades que amenizarán as horas previas aos encontros.

 

supercopafutbolsalaAs entradas para a Supercopa de España de fútbol sala, que se disputará os vindeiros días 7 e 8 de este mes (xoves e venres) no pavillón central do IMD das Travesas, poranse á venda esta mesma tarde nos despachos de billetes do complexo deportivo municipal vigués. A organización fixou uns prezos populares de 6 euros para a xornada de semifinais e de 10€ para a final. Ademais, o abono para ver as dúas xornadas será de 12€. Os menores de 15 anos poden entrar de balde presentando o DNI ou documento acreditativo da idade ata completar aforo.

 

inter3A Supercopa de España de fútbol sala regresa a Vigo dez anos despois de que o Caja Segovia conquistásea en formato de partido único, con Santiago Domínguez como concelleiro de Deportes do Concello vigués. Naquela oportunidade (setembro de 2000), un gol de ouro de Daniel deu a vitoria aos segovianos sobre o Playas de Castellón (6-5) ante uns 1.700 espectadores. Ademais, aquel triunfo serviu para que o Caja Segovia levase o trofeo en propiedade ao gañala por terceiro ano consecutivo.

 

Dende que se fixo público que o Xacobeo 2010 Lobelle de Santiago FS fretaba autobuses para os seus afeccionados a demanda de prazas foi crecendo. De feito, ao final o club decidiu fretar un autobús máis para que ninguén quede en Santiago.

 

O 7 de xaneiro de 2010 terá lugar no Centro de Tecnificación de Galicia de Bádminton de A Estrada a segunda concentración galega do programa Se Busca Campión 2009/2010. Esta concentración vaise celebrar na Pista Anexa do Pavillón Municipal "Couto Ferreiro" da Estrada en horario de 10:30 a 13:30 e de 16:00 a 19:00 horas baixo a dirección do técnico responsable do CETD A Estrada Rafael Vázquez.