• 1
  • 2
  • 3

Os campus polideportivos VIDE 2021 abrirán o prazo de inscrición, telefónica, o vindeiro martes 1 de xuño cunha oferta total de 300 prazas

Os campus polideportivos VIDE 2021 abrirán o prazo de inscrición, telefónica, o vindeiro martes 1 de xuño cunha oferta total de 300 prazas

28 Maio 2021

Volven os campus. Tres, como no 2019 (dous no 2020). O concelleiro de Deportes, Manel Fernández, vicepresidente de VIDE, estivo a deseñar un ano máis esta acción para os nenos e nenas de Vigo e o alcalde, Abel Caballero, deu o visto bo e anunciou as 300 prazas para este ano.

Ler máis...

As bolsas VIDE 2020 chegan a vinte deportistas sub-23 e o programa xa entregou 140.000 euros dende 2014

As bolsas VIDE 2020 chegan a vinte deportistas sub-23 e o programa xa entregou 140.000 euros dende 2014

17 Decembro 2020

As bolsas VIDE 2020 pola tempada 2019/20 alcanzaron nesta sétima edición a vinte deportistas sub-23 de once disciplinas. Atletismo, bádminton, esgrima, gimnasia, halterofilia, kickboxing, natación artística, remo, squash, taekwondo e vela tiveron como mínimo un representante, que no caso da vela elevouse a catro ata completar os 20.000 euros con que a Fundación Vigo en Deporte dota este programa.

Ler máis...

A Fundación VIDE e Viaxes Zonda lanzan un novo sorteo co obxectivo de acadar 46.000 euros para os clubs do programa Siareiros

A Fundación VIDE e Viaxes Zonda lanzan un novo sorteo co obxectivo de acadar 46.000 euros para os clubs do programa Siareiros

30 Outubro 2019

En marcha unha nova edición do tradicional sorteo dunha viaxe para obter fondos para os clubs do programa Siareiros. A Fundación Vigo en Deporte (VIDE) e Viaxes Zonda lanzan a quinta campaña consecutiva, con 46.000 euros en boletos para o sorteo dunha viaxe a Marrocos, Ceuta, Xerez e Alxeciras.

Ler máis...

torneo3x32013-2014Os días 30 e 31 de agosto do 2013 o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia organizará a Terceira Edición do Torneo de Baloncesto 3x3 nas pistas do Colexio Seis do Nadal. Despois das exitosas experiencias das pasadas edicións do Torneo de Baloncesto 3x3, o Club Baloncesto Seis do Nadal Coia organizará neste comezo de tempada o III Torneo de Baloncesto 3x3 como pistoletazo de saída do curso 2013/14.

 

chano-rodriguezO vigués, becado Vide, mantense na elite internacional tras a súa excelente participación nos Mundiais de Natación Paralímpica, celebrados entre o 12 e 18 de agosto no Parque Jean Drapeau de Montreal (Canadá), onde conquistou tres medallas, unha de prata en 4 x 50 estilos e dous de bronce, unha en 100 metros libre e outra en 50 metros libre S5.

 

patin_vagalume_femOs días 23 e 24 celébrase o I Trofeo Nacional Cidade de Fuengirola de patinaxe artística sobre rodas na modalidade de Solo Dance, organizado polo Club El Tejar. Participan deportistas de toda España, incluíndo unha representación galega formada polos patinadores do Club Patín Vagalume, Blanca FandiñoÁngel Pidal. O Trofeo é clasificatorio para as competicións internacionais.

 

jeremiChega do Boucau de la Fédérale 2 francesa. O novo xogador de 21 anos foi contactado durante o pasado partido entre as seleccións de Galicia e Euskadi, seleccionado no cal xogou no posto de apertura, a súa posición natural aínda que tamén o pode facer de medio loita. Incorpórase desta forma para reforzar a liña de tres cuartos e como alternativa a Maguna e Luke Graham.

 

cartelO Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia organiza nestas vacacións de verán e coincidindo coas primeiras semanas do inicio da pretempada 2013/2014 a 10ª Edición do Campus de Tecnificación: "Xornadas de Pretempada - Verán 2013". Despois dos éxitos das nove pasadas edicións do campus de tecnificación a entidade olívica volverá a celebrar as xornadas de perfeccionamento técnico aproveitando as vacacións de verán.