• 1
  • 2
  • 3

VIDE presenta os seus programas para este ano, co deporte de base como referencia

VIDE presenta os seus programas para este ano, co deporte de base como referencia

16 Marzo 2021

A Fundación VIDE, que depende do Concello por medio da Concellería de Deportes, lanzou hoxe nas redes sociais o vídeo promocional dos programas que está a deseñar este ano, de xeito fundamental para o deporte de formación.

Ler máis...

As bolsas VIDE 2020 chegan a vinte deportistas sub-23 e o programa xa entregou 140.000 euros dende 2014

As bolsas VIDE 2020 chegan a vinte deportistas sub-23 e o programa xa entregou 140.000 euros dende 2014

17 Decembro 2020

As bolsas VIDE 2020 pola tempada 2019/20 alcanzaron nesta sétima edición a vinte deportistas sub-23 de once disciplinas. Atletismo, bádminton, esgrima, gimnasia, halterofilia, kickboxing, natación artística, remo, squash, taekwondo e vela tiveron como mínimo un representante, que no caso da vela elevouse a catro ata completar os 20.000 euros con que a Fundación Vigo en Deporte dota este programa.

Ler máis...

A Fundación VIDE e Viaxes Zonda lanzan un novo sorteo co obxectivo de acadar 46.000 euros para os clubs do programa Siareiros

A Fundación VIDE e Viaxes Zonda lanzan un novo sorteo co obxectivo de acadar 46.000 euros para os clubs do programa Siareiros

30 Outubro 2019

En marcha unha nova edición do tradicional sorteo dunha viaxe para obter fondos para os clubs do programa Siareiros. A Fundación Vigo en Deporte (VIDE) e Viaxes Zonda lanzan a quinta campaña consecutiva, con 46.000 euros en boletos para o sorteo dunha viaxe a Marrocos, Ceuta, Xerez e Alxeciras.

Ler máis...

Os de Quique Domínguez clasificáronse, onte, para as semifinais da Copa Galicia de balonmán, tras gañar ao Embutidos Lalinense por 23 a 28 no pavillón Lalín Arena. Partido máis igualado do esperado. Dani Hernández, Hermida e Fran González, con 5 goles cada un, foron os máximos goleadores.

 

Un central pechará o equipo 2013/14. Xa se pode facer oficial a renovación doutros tres xogadores de cara á próxima tempada para o Club Vigo. Despois do compromiso de Regueiro, Cali e Galego agora chega a de Mateo, Parga e Eduardo Sánchez, estes dous últimos no seu dobre labor de xogadores adestradores. Desta forma seis dos xogadores sénior da tempada pasada seguirán no equipo de cara á seguinte e soamente falta a contratación dun central que vinga a substituír a baixa de Óscar Gómez que deixa a practica do Voleibol.

 

Nas diferentes galerías da nosa páxina, poderás atopar e descargarte as fotografías dos diferentes eventos que organiza ou nos que participa a Fundación Vigo en Deporte (Campus, Vigo Cup, Vigo en Xogo..). 

 

amistoso_burelaDespois do ministage de pretempada realizado en Cabeza de Manzaneda, o meta vigués, Alberto Fernández, incorpórase ao primeiro equipo tras a lesión de Carlos Barrón.

 

O Magope Seis do Nadal-Coia enfróntase, o venres, no Pavillón de Coia ao Teucro en partido correspondente aos cuartos de final da Copa Galicia de balonmán. O encontro comenzará as 21.30 h. Os vigueses buscarán as semifinais tras o bo encontro disputado a pasada fin de semana ante o Conslar OAR Coruña onde venceu por 16-24.