• 1
  • 2
  • 3

VIDE presenta os seus programas para este ano, co deporte de base como referencia

VIDE presenta os seus programas para este ano, co deporte de base como referencia

16 Marzo 2021

A Fundación VIDE, que depende do Concello por medio da Concellería de Deportes, lanzou hoxe nas redes sociais o vídeo promocional dos programas que está a deseñar este ano, de xeito fundamental para o deporte de formación.

Ler máis...

As bolsas VIDE 2020 chegan a vinte deportistas sub-23 e o programa xa entregou 140.000 euros dende 2014

As bolsas VIDE 2020 chegan a vinte deportistas sub-23 e o programa xa entregou 140.000 euros dende 2014

17 Decembro 2020

As bolsas VIDE 2020 pola tempada 2019/20 alcanzaron nesta sétima edición a vinte deportistas sub-23 de once disciplinas. Atletismo, bádminton, esgrima, gimnasia, halterofilia, kickboxing, natación artística, remo, squash, taekwondo e vela tiveron como mínimo un representante, que no caso da vela elevouse a catro ata completar os 20.000 euros con que a Fundación Vigo en Deporte dota este programa.

Ler máis...

A Fundación VIDE e Viaxes Zonda lanzan un novo sorteo co obxectivo de acadar 46.000 euros para os clubs do programa Siareiros

A Fundación VIDE e Viaxes Zonda lanzan un novo sorteo co obxectivo de acadar 46.000 euros para os clubs do programa Siareiros

30 Outubro 2019

En marcha unha nova edición do tradicional sorteo dunha viaxe para obter fondos para os clubs do programa Siareiros. A Fundación Vigo en Deporte (VIDE) e Viaxes Zonda lanzan a quinta campaña consecutiva, con 46.000 euros en boletos para o sorteo dunha viaxe a Marrocos, Ceuta, Xerez e Alxeciras.

Ler máis...

O Academia Octavio venceu o sábado, na primeira xornada da División de Honra de Prata, ao Handbol Borkils (32-24). Partido cun comezo tolo onde, pouco a pouco, os vigueses foron impoñendo o seu xogo axudados da boa actuación de Jorge Lloria na portería e o bo acerto de Cerillo e Javito.

 

Vitoria do Olivo na primeira xornada da segunda división, de fútbol feminino, ante o Victoria. As rapazas de Juan Carlos García "Charly" dominaron o encontro pero non lograron marcar o gol da vitoria, obra de Sara Tui, ata o minuto 72.

 

Monreal e Mera atópanse ultimando detalles de cara ao inicio de liga na que o Blusens Universidade de Vigo o fará como local ante o equipo madrileño de Complutense Cisneros, histórico equipo do rugby español. O equipo vigués vén traballando ao completo salvo pola baixa do pilier catalán, aínda que xa considerado xogador da casa, Oscar Ferreras, que deberá gardar repouso para os primeiros meses de liga.

 

A viguesa Susana Rodríguez Gacio, bolseira Vide, conseguiu onte a primeira medalla para Galicia no Mundial de Acuatlón paralímpico que se está a celebrar estes días na capital británica.

 

amfiv_grupoO Amfiv 2013-2014 xa está a rodar. Despois de asegurar a continuidade ao completo do corpo técnico e da práctica totalidade do equipo que o ano pasado levou ao conxunto vigués á terceira praza en liga e Copa, chegou o momento de empezar a traballar.