Colaboradores

Vigo é un terreo de xogo que desenvolve unha gran oferta de actividade deportiva a través de 230 clubs en máis de 40 disciplinas. SIAREIR@S ofréceche a posibilidade de poder participar directamente destas actividades e colaborar con os clubs adscritos ao programa a través da  tarxeta de socio SIAREIR@.

Para facerte siareir@ podes ir ás oficinas do  club , e alí cumplimentar o formulario de inscrición.

 

Folla inscrición siareiros

 

CARNÉ SIAREIR@

Con esta tarxeta, que custa 5 euros, preténdese desenvolver unha campaña de dinamización para a captación de socios das entidades deportivas de Vigo ofrecendo un producto moi interesante para todas as persoas interesadas na actividade deportiva.

Vantaxes para as entidades adheridas ao programa Siareir@s CLUB:

1) Participar no programa de promoción de captación de socios a través da autorización para a dinamización da Tarxeta Siareir@.
2) Obter as vantaxes da xestión de socios a través do programa de VIDE Siareir@s.
3) Ser beneficiario das promocións exclusivas do programa SIAREIR@S, descontos en empresas colaboradoras, participación en promocións, estar presente na páxina web de VIDE, etc.
4) Obter as axudas para o uso das instalacións deportivas municipais.
5) Xestionar a través de Siareir@s a captación de empresas colaboradoras.
6) Ofrecer a todos os socios e socias as vantaxes do carné Siareir@ Club.

Vantaxes do CARNÉ SIAREIR@ :

1) Participar directamente da actividade do club a través do cal te fas Siareir@.
2) Como socio Siareir@ poderás obter grandes vantaxes:

- Participar en sorteos promovidos dende a Fundación VIDE.
- Ter descontos especiais en comercios adheridos ao programa Siareir@s.
- Recibir información de interese deportivo da cidade de Vigo.
- Ter acceso persoal ás accións dinamizadas dende a Fundación VIDE para o programa Siareir@s.
- Participar a través da web da Fundación VIDE.