Colaboradores
O "VOVI", a familia solidaria
-
O VOVI (Voluntario VIDE) executa un labor social decididamente impagable. Sen él, un evento carece de alma, porque a súa presenza desinteresada marca a diferenza, achega o sentido da solidariedade a calquera torneo e inxecta enerxía e esforzo nos momentos de maior tensión ou máis complicados. Ese é o voluntario, reclamado polos clubs para campionatos autonómicos, trofeos, carreiras... Non obstante, onde o voluntario desenvolve un labor mesmo docente é nas competicións ou actividades para nenos e nenas. O VOVI converteuse nun recurso indispensable da Vigo Cup, un evento futbolístico que cada verán e durante unha semana move centos de participantes polos mellores campos do municipio. E tamén no programa estrela da Fundación, o campus polideportivo VIDE Concello de Vigo. O seu labor, fundamental, é un dos valores da Fundación Vigo en Deporte. E esta é unha actividade que está aberta todo o ano a calquera persoa maior de idade.
A Fundación VIDE tamén conta co apoio do Voluntariado Galego da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia: www.voluntariadogalego.org
Nova lei do voluntariado:
Para ser voluntario, contacta connosco no correo electrónico vide@vide.es (tfno. 986247104).