Imprimir

O Coruxo revalida o seu título na categoría infantil e é o primeiro campión da xornada final do Torneo de Nadal Concello de Vigo

torneo nadal 4.1.16O Coruxo revalidou o seu título de 2014 na final da categoría infantil disputada no Municipal Pahíño de Navia esta mañá. Nun partido moi disputado fronte ao Areosa, un rival que tamén chegaba sen coñecer a derrota, o Coruxo sacou rédito na última xogada a balón parado a pouco máis dun minuto para o final do encontro.

Un cabezazo da súa central á saída dun corner, deu a vitoria aos de O Vao nun campo encharcado polas bandas debido á chuvia continuada.