Colaboradores
O fútbol feminino copa parte do protagonismo da nova edición do Torneo de Nadal Concello de Vigo de fútbol 8 e fútbol 11, pois por vez primeira inclúese unha categoría específica (para xogadoras de 12 anos ou máis). De feito, tres futbolistas, Anita (Ana Iglesias, Valladares) e as sardomistas Laura (Laura Martínez) e Ildara Pérez foron as futbolistas que acudiron á presentación do evento co alcalde.
Do 26 ao 29 deste mes, un total de 118 equipos de 36 clubs disputarán o VII Torneo de Nadal Concello de Vigo, fundamentalmente vigués (27 clubs) pero que tamén convoca nas súas cinco categorías (prebenxamín, benxamín, alevín e feminino en fútbol 8 e infantil en fútbol 11) a equipos de Monçao (Portugal), Val Miñor, O Porriño, Ponteareas e Cangas, ademais do Deportivo, Lugo, Ponte Ourense e Oporto para o "Super 6" alevín do sábado 28.
O Concello de Vigo e a Asociación de Fútbol Afeccionado de Vigo (Afavi) abren o prazo de inscrición para a sétima edición do Trofeo Concello de Vigo de Nadal na modalidade de fútbol 8.
A xornada con máis partidos na historia dos torneos de Nadal do fútbol base vigués (144 encontros, case seis horas de competición) saldouse na categoría infantil (fútbol 11) co pase aos cruces do cadro de honra de dous equipos do Coruxo, outros dous do Victoria e dous tamén do Santa Mariña, e coa clasificación do San Miguel e do Casablanca, por esta orde, empatados a todo. E co Areosa, defensor do título, e o Santa Mariña, como privilexiados primeiros: a cuartos directos do VI Torneo Concello de Vigo de Nadal.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou o carácter internacional, por segundo ano consecutivo, do Torneo Concello de Vigo de Nadal, que do 26 ao 29 deste mes pechará o 2018 a nivel futbolístico.
O rexedor, acompañado por un nutrido grupo de representantes de varios clubs da cidade, de Juan Andonegui (Frutas Nieves), Daniel Costas, presidente de Afavi e coordinador do evento, e do concelleiro de Deportes, Manel Fernández, presentou un torneo que contará con 123 equipos de trinta e un clubs e que está programado para catro categorías: tres de fútbol 8 (prebenxamín, benxamín e alevín) e unha de fútbol 11 (infantil).