Imprimir

Constitucións

Procedemento a seguir para a posta en marcha dunha asociación deportiva

DECRETO 85/2014, do 3 de xullo, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia:

 DOGA 18.07.14 (919.98 kB)

Altas no rexistro
A posta en marcha dunha asociación deportiva debe realizarse a través dun proceso de rexistro formal que se leva a cabo a través da Secretaría Xeral para o Deporte ou dos Servizos Provinciais de Deportes das Delegacións Provinciais da Presidencia da Xunta de Galicia.

Documentación que debe presentarse
-Solicitude de inscrición (modelo normalizado).
A entregar por triplicado:
-Acta de constitución.
-Acta de aprobación dos estatutos pola Asemblea Xeral.
-Relación dos nomes, número de DNI e domicilio dos promotores ou directivos.
-Estatutos do club.
-Xustificante de ter aboado as taxas.
*Pago de taxas a través de internet: O pagamento das taxas pode efectuarse por internet a través da páxina web da Consellería de Economía e Facenda (www.conselleriadefacenda.es).

Modificacións do Rexistro
Este é o procedemento que debe seguirse para comunicar ao Rexistro de Entidades Deportivas e Deportistas de Galicia as modificacións xurdidas nun club ou entidade deportiva que afecten a este rexistro, como poden ser as seguintes: cambio de denominación, de xunta directiva, de enderezo social, de estatutos e creación de seccións deportivas.

Documentación que debe presentarse
Solicitude normalizada.
Fotocopia de acta da Asemblea do club na que se acorden as modificacións por duplicado ou certificación expedida polo Secretario co Vº e prace do Presidente onde conste a modificación.
Xustificante de ter aboado as taxas.
*Pago de taxas a través de internet: O pagamento das taxas pode efectuarse por internet a través da páxina web da Consellería de Economía e Facenda (www.conselleriadefacenda.es).

Onde realizar calquera xestión referida ao Rexistro

-Secretaría Xeral para o Deporte
Servizo de Coordinación Deportiva
San Láraro, s/n. Estadio Multiusos
15890 Santiago de Compostela
Teléfono: 981 542 619
Fax: 981 542 638

-Delegación Provincial de Cultura e Deporte da Coruña
Servizo de Deportes da Coruña
Avda. de Glasgow, n 11 - O Birloque
15008 A Coruña
Teléfono: 981 132 443
Fax: 981 132 527

-Delegación Provincial de Cultura e Deporte de Lugo
Servizo de Deportes de Lugo
Ronda da Muralla, nº 70 - 1ª Planta
27071 Lugo
Teléfono: 982 294 559
Fax: 982 294 565

-Delegación Provincial de Cultura e Deporte de Ourense
Servizo de Deportes de Ourense
Camiño Prado Lonia, s/n
32004 Ourense
Teléfono: 988 386 050
Fax: 988 386 087

-Delegación Provincial de Cultura e Deporte de Pontevedra
Servizo de Deportes de Pontevedra
Padre Fernando Olmedo, 3
36002 Pontevedra
Teléfono: 986 861 117
Fax: 986 861 148