Cabecera Vide

Agrupación Deportiva Vigo

Rúa Cesáreo González, s/n (nas oficinas da Fundación VIDE - Pavillón I.M.D.) 36210 Vigo
Teléfono. 986 247 105 // e-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

100agrupacion

Horario: De luns a xoves de 17.30 h. a 20.30 h.

 

Dende o ano 2016 a Agrupación Deportiva Vigo é membro da "Asociación Nacional de Fútbol 7 non federado" (www.anfutbol7.es)

 

 

Vigo en xogo, un torneo recreativo para preto de 3.500 deportistas

Vigo, unha das cidades que máis deportistas non federados move, ten no concepto e “marca” Vigo en Xogo o seu principal referente de competición recreativa. Este campionato apoiado polo Concello dende os anos 90, chamábanse Competicións Deportivas e Recreativas, pasou a chamarse Vigo en Xogo en 2001 .

Os torneos de fútbol 7, fútbol sala e baloncesto contan cunha cifra de licencias recreativas espectacular: preto de 3.500 deportistas practican deporte con Vigo en Xogo cada fin de semana.

Ao longo da tempada empréganse diversas instalacións deportivas, munipais ou privadas, como os pavillóns das Travesas, Balaídos, Bembrive, Monte da Mina, Calvario, Teis, O Berbés, Sárdoma, Etea, Candeán, Bouzas, Coia, Coruxo, Carme e Pista Vermella así como os campos de fútbol de Travesas, Samil, Etea, Navia, CUVI, Meixoeiro, Penedo da Moa, Santa Mariña, Navia e Valadares.

A Agrupación Deportiva Vigo é a encargada da organización de Vigo en Xogo e utiliza como sede as instalacións da Fundación VIDE no Pavillón das Travesas.