Cabecera Vide

Manel Fernández falou cos patrocinadores de VIDE dos novos proxectos da Fundación

vide empresasO presidente da Fundación Vigo en Deporte e concelleiro de Deportes, Manel Fernández, mantivo un encontro con diversas empresas fundadoras (PSA Peugeot Citroën) e patrocinadoras de VIDE (Frutas Nieves, CC Camelias e Mar de Ons) para desexarlles un bo Nadal e agradecerlles a súa aposta polo deporte da cidade.

O presidente de VIDE fixo balance do ano, falou dos proxectos que reserva para a Fundación VIDE cara a 2016 (sempre a prol do deporte de formación) e tamén dos orzamentos municipais da Concellería de Deportes, que elevan a cifra das axudas directas aos clubs de base e son os máis importantes dos últimos anos.

O responsable político do deporte local ten pensadas novas accións con VIDE de protagonista, sempre de complemento das grandes actuacións deseñadas dende o Concello de Vigo.