Manel Fernández aplaudiu a iniciativa vivida nas Travesas a prol do deporte adaptado

manel gradasO presidente de VIDE e concelleiro de Deportes, Manel Fernández, asistiu onte á xornada organizada pola Federación Galega de Deporte Adaptado por mor do Día Internacional das Persoas con Discapacidade (hoxe xoves, día 3). O edil seguiu os eventos dende a bancada xunto a representantes doutras institucións e clubs. Os partidos e exhibicións foron un éxito de participación, organización e asistencia de afeccionados. O Concello apoiou esta actividade e tamén contou coa colaboración do Celta ou do C.D. Amfiv, por exemplo.