Grande actuación de Gabriel e Jacobo Fernández, en Se Busca Campión Nacional de bádminton

Gabriel CarolinaOs irmáns vigueses, Gabriel e Jacobo Fernández, participaron, a pasada semana a cabalo entre Guadalajara e o CARD de Madrid, na XII Concentración Nacional do Programa Se Busca Campeón (SBC) de bádminton. As 20 mellores raquetas SBC 2014-2015, así como máis dunha trintena de técnicos procedentes de toda España, seguiron o seu proceso de mellora nunha cita de moito nivel deportivo e formativo.

Os xogadores alternaron momentos de práctica, con probas físicas de salto na Unidad de Control del Rendimiento da AEPSAD, e nos descansos gozaron do adestramento da bicampiona do mundo, Carolina Marín, e compartiron o día co seu ídolo.

O fin de festa da xornada do xoves foi ga de Grips do Programa Se Busca Campeón 2014-2015 a mans de Carolina Marín. A repartición permitiu coñecer ao novo grip negro, máximo galardón do programa, e que conseguiu Gabriel Fernández, premio que só alcanzaron outros 9 xogadores (entre eles Carolina Marin) nos 12 anos de vida do Programa.

Para alcanzar o devandito grip, tense que superar minuciosos exames técnicos durante varios anos, ata alcanzar o máximo galardón.

Jacobo CarolinaPola súa parte, Jacobo, o pequeno dos Fernández con 11 anos, alcanzou o grip laranxa, quedando ás portas do máximo premio, pero coa posibilidade de alcanzalo na próxima concentración nacional, pois a él quedalle toda esta tempada para conquistalo, e a bo seguro que o logrará.

Para ter un referente da repercusión, a nivel Mundial, do éxito do Programa Se Busca Campión ,da Federación Española de Bádminton, de onde saíu a propia Carolina Marín, as televisións chinesas e danesas (países máximos expoñentes do bádminton mundial e europeo) estiveron a gravar as xornadas de traballo con entrevistas a técnicos e xogadores.