Manel Fernández asina un acordo con Viaxes Zonda que reportará aos clubs do programa Siareiros 30.000 € polo sorteo dunha viaxe

convenio manelOs clubs do programa Siareiros pecharán o ano con 30.000 € máis a repartirse. Manel Fernández, presidente da Fundación VIDE e edil de Deportes, asinou un convenio con Viaxes Zonda para o sorteo dunha semana (nove días, sete noites) na República Dominicana.

Serán 30.000 rifas, a 1 euro cada unha como donativo, que os clubs poderán colocar ata o 11 de xaneiro (o sorteo realizarase o 17 dese mes) e que suporán un ingreso extra a finais de ano.

rifas 2015Fernández rubricou o acordo coa directora de Viaxes Zonda, Alice Martínez, tras reunión mantida na Fundación VIDE. O edil mostrouse "moi satisfeito" por esta nova acción e polo "apoio dunha sinatura privada sensible co deporte da cidade".

En 2014, fundamentalmente os clubs do programa Siareiros Club (entidades de base) recadaron 30.000 € . O diñeiro obtido serviulles para cubrir gastos dalgún desprazamento custoso a campionatos. O ano pasado gañou un boleto vendido polo Club Ciclista Vigués.

Bases sorteo