O Mosteiro regresa de Noia cunha derrota anunciada

A novena xornada do Grupo 1 de Segunda División B concluíu coa derrota do Mosteiro Bembrive ante o Noia F.S. por 3-1, nun encontro disputado o pasado sábado no pavillón municipal da localidade coruñesa.

O Mosteiro regresou a Vigo coa sensación de perder algo máis que 3 puntos. O seu enfrontamento ante o líder era a oportunidade perfecta para recortar os 6 puntos que lles separaban, e agora, xa non só esa brecha fíxose máis grande, se non que ademais os vigueses descenden do segundo ao quinto posto da clasificación.

Os días previos ao encontro parecía que Pitu podería contar con todo equipo, a excepción dos sancionados Mario e Morgade. Non obstante, horas antes do choque producíronse máis baixas que deixaban ao equipo con só 6 xogadores de campo e forzaban ao adestrador a formular outra estratexia de xogo.

O Mosteiro saltou a cancha coa obriga de reservar forzas e chegar nun estado aceptable aos últimos minutos do partido. Para iso, na primeira parte dedicouse a defender e esperar o contragolpe. O Noia dominaba, pero os vigueses dispuxeron dalgunhas ocasións de gol claras que finalmente non chegarían a materializar. Chegado o descanso, ambos os dous equipos fóronse a vestiarios co marcador aínda sen estrear.

A segunda metade arrancou con dous duros golpes que minguaron aínda máis se cabe as esperanzas dos vigueses. Tras o primeiro gol do Noia, o porteiro Fiou lesionouse no xeonllo e non pode ser substituído por Cuca, que tamén sufría molestias. Ante a ausencia de gardametas, Pitu non tivo máis remedio que botar man do porteiro-xogador, aínda que a remontada se afastaba co segundo tanto dos locais.

A pesar da cadea de contratempos o Mosteiro non baixou os brazos e estivo a punto de anotar nunha contra, pero o tiro deu no pau e o Noia aproveitou o rexeite para subir o terceiro ao marcador. A falta de 3 minutos para o asubío final, Nené logro marcar o gol da honra para os vigueses e o encontro finalizou cun 3-1.