A Uvigo brilla con Galicia nos Campionatos de España absolutos de taekwondo

posterDefendendo as cores de Galicia, os taekwondistas da Universidade de Vigo lograron uns excelentes resultados nos Campionatos de España absolutos de taekwondo 2010, ao colleitar sete medallas este pasado sábado no pavillón Pitiu Rochel de Alacante. Galicia meteuse en oito das dezaseis finais e sumou 18 preseas (nove en homes e o mesmo número en mulleres), catro de ouro, catro de prata e dez de bronce.

Rebeca Mariño (Boiro, 1983) e Lúa Piñeiro (Caldas) obtiveron a medalla de ouro en galo e superlixeiro, respectivamente, mentres que o vigués Fernando Rascado foi finalista (prata) en superlixeiro. A viguesa Nazareth Tilve perdeu a final do peso galo; ademais, o vigués David Vidal foi bronce en peso pluma, o mesmo metal obtido polo tamén vigués Pablo Casares en peso pesado e Lara Ouviña en superlixeiro (welter).

A maiores, Andrea Rica repetiu o ouro de 2009 en Ourense en peso pluma e Darío González foi bronce en minimosca.

Metais da Uvigo e dos vigueses e viguesas / Alicante 2010

 

 

Nome

Peso

Medalla

Club

Univ.

Lúa Piñeiro

Superlixeiro (62-67 kg.)

Ouro

Olimpic Vilagarcía

Uvigo

Andrea Rica

Pluma (53-57 kg.)

Ouro

Tao Clínica Luis Vilas Vigo

-

Rebeca Mariño

Galo (49-53 kg.)

Ouro

Natural Sport Riveira

Uvigo

Fernando Rascado

Superlixeiro (74-80 kg.)

Prata

Tao Clínica Luis Vilas Vigo

Uvigo

Nazareth Tilve

Galo (49-53 kg.)

Prata

Natural Sport Riveira

Uvigo

Lara Ouviña

Superlixeiro (62-67 kg.)

Bronce

Natural Sport Riveira

Uvigo

David Vidal

Pluma (63-68 kg.)

Bronce

AS Sport Vigo

Uvigo

Pablo Casares

Pesado (+87 kg.)

Bronce

Kiap Vigo

Uvigo

Darío González

Minimosca (-54 kg.)

Bronce

AS Sport Vigo

-