Carlos Domínguez recupera ao remate do mes a “Iberconsa Rapid”

374galardonados-xiv-gala-hFin a meses de lesións. “Iberconsa Rapid”, cabalo de quince anos e con tres de experiencia na Copa do Mundo do Ifevi, poderá volver competir a finais deste mes, no Atlantic Tour de Comporta (Alentejo, Portugal), aínda que demasiado tarde para a cita viguesa. “Iberconsa Acorada”, egua de 10 anos e 600 quilos de peso, retornará aos concursos en abril.

Así llo comunicou Jean-Marie Denoix, eminencia internacional, que os trata dende hai medio ano. Este pasado xaneiro, os cabalos de competición “Iberconsa Acorada” e “Iberconsa Rapid” e o xinete Carlos Domínguez abandonaron Vigo por estrada para ser observados polo doutor. Se en agosto do 2009 levounos a Douville-en-Auge, na Baixa Normandía (Francia), para someter aos dous mellores cuadrúpedos a unha resonancia magnética en Le Cirale (Centro de Imaxes e Desenvolvemento sobre as Afeccións Locomotoras Equinas), esta vez volveron viaxar en tráiler a Madrid, aproveitando que o doutor se atopaba na capital de España por unhas conferencias.

A Carlos Domínguez, responsable do Equipo Ecuestre Iberconsa, augúraselle así un optimista 2010. Na gala da hípica galega, o xinete vigués foi premiado polo seu terceiro posto no Campionato Galego de Saltos, no que participou cun cabalo cedido.