Presentadas as edicións máis numerosas das ligas Linco organizadas polo seis do nadal

374fotogrupoligaslinco2010O pasado venres día 29 de xaneiro o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia celebrou a Presentación Oficial da 8ª Liga Interna de Colexios LINCO Linorsa 2010 e da 1ª Liga Interna de Colexios LINCO Linorsa XL 2010 nos Baixos do Estadio Municipal de Balaídos.

Neste acto inaugural das Ligas de Colexios realizouse a presentación de todas as Escolas Deportivas que participarán nas competicións durante tódolos venres de xaneiro ata maio de 16:00 a 18:00 horas, os rapaces e rapazas de entre 6 e 12 anos, e cada dous venres, os xogadores e xogadoras de 13 a 16 anos, de 18:00 a 19:00 horas.

Ademais do desfile dos rapaces e rapazas integrantes das Escolas Deportivas tamén se presentou ao grupo de árbitros, formado integramente por xogadores e xogadoras do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, que cada venres serán os encargados de arbitrar os diferentes encontros.

Como peche da Presentación tódolos xogadores e xogadoras integrantes das Escolas Deportivas disputaron unha xornada de encontros amistosos que marcaron o pistoletazo de saída das Ligas LINCO desta tempada deportiva 2009/2010.

Estiveron presentes neste acto D. Xabier Alonso, Concelleiro de Deportes do Concello de Vigo; D. Ángel Lago, Director Técnico do Instituto Municipal de Deportes de Vigo; Dna. Mar Lago, Presidenta do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia; e D. Sergio González, Director Deportivo do club.

No acto agradeceuse a colaboración nestas Ligas LINCO de Linorsa, Aguas de Mondariz, Dulcesol, Coca-Cola, Displave e Caixanova; e o apoio do Instituto Municipal dos Deportes, do Concello de Vigo e da Federación Galega de Baloncesto.

Deste xeito inaugurábanse as Ligas LINCO - Linorsa 2010 que contarán con máis de 140 participantes e 20 adestradores e monitores. O próximo venres 5 de febreiro terá lugar a primeira xornada da LINCO Linorsa 2010 así como a primeira xornada da LINCO Linorsa XL 2010.