Este sábado nova xornada de bádminton con motivo do Campionato Escolar da zona de Vigo para as categorías alevín-cadete

badminton28.1.10O sábado 30 de xaneiro de 2010 celébrase unha nova xornada de Bádminton na pista Vermella do IMD dás Travesas de Vigo con motivo do Campionato Escolar de Bádminton fase Zonal de Vigo coa participación de máis de cincuenta de deportistas.

A competición dispútase nas categorías Alevín e Cadete de 9:30 a 12:30 h.

Nesta proba tomasen parte as seguintes entidades de Vigo: IES Cotobade, CB Rachaplumas, EMD de Vigo, Colexio Monterrey, Colexio Carmelitas, Colexio Martín Codax, IES Manuel Antonio e IES de Teis.

A competición esta organizada polo Servizo Provincial de Deportes da Xunta de Galicia, o Club Bádminton Rachaplumas, a Agrupación Deportiva Vigo, o IMD dás Travesas e a Concellaría de Deportes do Concello de Vigo.

Estes son os líderes de cada categoría que intentasen consolidar os seus postos:

Alevin Masculino:
1. - Tirso Cerqueira (Martin Codax) con 4 puntos
Alevin Feminino:
1. - Laura Quintans (Martín Codax) con 6 puntos
Cadete Masculino:
1. - Jacobo Quintans (Martín Codax) 4 puntos
Cadete Feminino:
1. - Ana Taboado (Rachaplumas) 4 puntos