O Club Bádminton As Neves xoga en Benalmádena o primeiro partido de ¼ de final do play off polo título da liga nacional de bádminton - primeira división

O sábado día 30 de xaneiro de 2010 o Club Bádminton Ás Neves disputa no Polideportivo Regueiro do Mel de Benalmádena (Málaga) o partido de ida dos cuartos de final do play off polo título da Liga Nacional de Bádminton de Primeira División contra en ao anfitrión o Club Bádminton Benalmádena "B" a partir das 14:00 horas.

Para este encontro o Club Bádminton Ás Neves despraza aos seus mellores xogadores que tan bos resultados están a obter na Liga Nacional: Pablo Méndez, David Durán, Bruno Moldes, Angela Soto, Andrea Fernández, Nerea Alvés, Leticia Rodríguez xunto ao seu técnico Ana Durán.

Unha vez cumprido con creces o obxectivo inicial de manterse en Primeira División e despois do bo papel obtido na primeira fase, lograron o segundo posto, o obxectivo cambiou e o Club Bádminton Ás Neves aspira a todo.

En primeiro lugar superar estes ¼ de final ante un rival complicado que xa derrotaron na primeira fase por 5-2 o CB Benalmádena "B" logrando un bo resultado este sábado en Benalmádena para logo ratificalo no seu cancha o próximo 20 de febreiro de 2010. Espera un partido moi igualado ante os andaluces.

Con esta vitoria poderían lograr matematicamente o ascenso a división de honra, en función dos resultados dos outros ¼ de final e xa loitar por o titulo da categoría.

Toda a información pode atopar na páxina Web www.todostorneos.es