Xinetes e amazonas queren repetir cada vez que veñen á Copa do Mundo de saltos en Cotogrande

csivigoO xinete suízo Pius Schwizer e a amazona australiana Edwina Alexander confirmaron a súa participación na proba viguesa da Copa do Mundo de saltos, que se celebrará do 12 ao 14 do vindeiro mes de febreiro no recinto feiral de Cotogrande.

Esta mañá (12:00 horas), no Pazo-Museo Quiñones de León, terá lugar a presentación do evento hípico por excelencia. Na rolda de prensa desvelaranse máis nomes importantes (a irlandesa Jessica Kürten, por exemplo) dun evento que cumprirá a súa novena edición consecutiva no circuíto mundial dentro da Liga Occidental.

O Ifevi recibirá un ano máis aos grandes da hípica mundial. Schwizer repite (estivo en 2009) e Edwina converteuse nunha fan deste evento, ao que acode sen fallo dende o 2007.