Cabecera Vide

Vitoria do EDVigo2010 en As Travesas

vigo201520.1.10Este sábado o equipo do E.D.VIGO2015 venceu por 7-2 ao Cidade de Narón equipo que ía 3º clasificado na liga galega de fútbol sala no partido disputado no Pavillón Central de As Travesas, debido á condensación do Pavillón de Teis. Con esta vitoria os vigueses colócanse lideres empatados a puntos co Azkar Lugo, equipo que leva un partido menos, ao termo da primeira volta.

Polo Vigo2015 xogaron, Alberto Fernández, Samuel, Nacho, Huarte, Xian-cinco inicial-Borja, Kike, Alex, Marco. A primeira parte finalizou con vitoria local por 3-2, pero na segunda os xogadores de Fabio impuxeron un ritmo de partido moi forte e fóronse no marcador ata o 7-2 definitivo.

O próximo sábado desprazaranse á localidade de O Barco de Valderorras para xogar co agora 3º o equipo de O Barval, na primeira volta venceron os olivicos por 3-2 nun apertado partido que non se resolveu ata o seu final.