Cabecera Vide

Cara e cruz para os xogadores do Pilotes na fase de clasificación para o Mundial de 2011

6fundacion--vide-miguel--nuUn si, outro non. Cara e cruz para os internacionais do Pilotes Posada na fase de clasificación para o Campionato do Mundo de Suecia 2011. O portugués José Costa obtivo o pase á seguinte rolda como primeiro do grupo 6, mentres que o montenegrino Novica Rudovic caeu na súa liguiña (grupo 5).

Europa ten catorce prazas para o Mundial e a criba comezou este pasado fin de semana. En Alcamo (Italia), Montenegro, Italia e Grecia xogábanse unha praza. A derrota dos de Montenegro no primeiro choque contra Grecia por 26-29 deixounos sen opcións. Rudovic, durante moitas xornadas máximo goleador da Asobal, anotou 3 goles; no segundo encontro, fronte a Italia, non marcou aínda que Montenegro venceu por 28-26.

En Luxemburgo, Portugal venceu a Letonia por 31-30; o xogador académico José Costa marcó un gol; no partido contra Luxemburgo, Portugal goleou (33-21) e Costa achegou outro tanto ao grupo. O equipo de Mats Olsson terá que xogar agora un play-off en xuño (días 12/13 e 19/20). O sorteo para coñecer o rival a dobre partido terá lugar en Viena (Austria) o vindeiro día 31, na xornada final do Campionato de Europa, que hoxe comezou no país austriaco.

 Rudovic I (27.09 kB)

 Rudovic II (27.25 kB)

 Costa I (27.13 kB)

 Costa II (27.21 kB)