O Presidente da Federación Galega de Baloncesto visita o Campus do Seis do Nadal

campusinvenro09_visitapresiO xoves día 31 de decembro 2009, visitou o 4º Campus de Inverno 09 "Xornadas de Tecnificación", organizado polo Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, o Presidente da Federación Galega de Baloncesto, Francisco Martín Micó.

O Presidente da Federación Galega de Baloncesto puido comprobar como preto dun centenar de rapaces e rapazas levaban a cabo o traballo de tecnificación da última xornada do Campus de Inverno 2009 nos Colexios Seis do Nadal e Illas Cíes en Coia.


Francisco Martín animou a tódolos participantes a continuar practicando o deporte da canastra e a seguir mellorando das mans dos seus adestradores e adestradoras con motivación e ilusión.


Tamén lle dirixiu unhas palabras de ánimo aos adestradores e adestradoras do Club Baloncesto Seis do Nadal, reforzando o importante papel que desenvolve cada un deles na formación deportiva e humana de tódolos xogadores e xogadoras.


O Presidente da FGB, Francisco Martín, rematou a súa visita animando ao Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia a seguir camiñando na mesma liña de traballo actual, apostando polo deporte base e polo fomento e organización de actividades e eventos deportivos.