4ª Xornada no Campus de inverno, xornadas de tecnificación

campusinverno09_xornada4_01Durante a mañá do xoves día 31 de decembro do 2009 tivo lugar a cuarta e última xornada do 4º Campus de Inverno 09 "Xornadas de Tecnificación" organizado polo club Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia nas pistas dos colexios Seis do Nadal e Illas Cíes en Coia.

O traballo de tecnificación desta última xornada centrouse no fundamento do lanzamento a canastra e no xogo ofensivo con oposición. Os xogadores e xogadoras combinaron, nesta nova xornada, tódolos fundamentos individuais traballados ao longo do Campus de Inverno buscando o seu xesto técnico e o seu perfeccionamento.

O traballo desta última xornada foi impartida polos monitores e adestradores do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia e coa colaboración das visitas de Carlos Martínez, adestrador superior e Director Técnico do GD Gafanha; Óscar Carbajo, adestrador superior do Porriño Baloncesto e Seleccionador Galego; Candela Bordallo, adestradora do Básquet Coruña; e Fernando Vidal, ex-xogador profesional e ex-xogador da canteira da nosa entidade.

Xa está dispoñible na galería de fotografías desta páxina web o álbum de fotos desta 4ª Edición do Campus de Inverno 09 "Xornadas de Tecnificación" organizada un ano máis polo Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia.