Durante a mañá do mércores día 30 de decembro do 2009 celebrouse a terceira xornada do 4º Campus de Inverno 09 "Xornadas de Tecnificación" organizado polo club Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia nas pistas dos colexios Seis do Nadal e Illas Cíes.
Nesta terceira xornada os participantes avanzaron no traballo de tecnificación programado para o campus, adentrándose na mecánica de tiro, reforzando as finalizacións, dribling e fintas ofensivas, así como iniciándose no xogo interior e no bloqueo de rebote.
Este traballo foi desenvolto polos adestradores e adestradoras do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia e co apoio de Ana Álvarez, adestradora superior do R.C. Celta, e de Candela Bordallo, adestradora do Básquet Coruña e ex-xogadora da canteira da nosa entidade.