Quenda de penaltis na Vigo Cup "Non pasa nada cariño, eu quéroche igual" (amor materno)

vigocup__29A quenda de penaltis é unha lotaría con toda sorte de emocións, pero tamén deixa perlas para a posteridade. Son frases cotiás, naturais, que neste contexto salguen da alma a cachón.

No excitante e exitoso torneo Warrior de penaltis, en Bouzas, o Santa Mariña A e o Val Miñor Nigrán A enfrontábanse tras un interesante partido rematado en táboas. Os lanzadores non fallaban e a serie de disparos dende os once metros parecía non rematar. Ata que o potente chut do número 9 dos de Cabral, Lucas Troncoso, era interceptado por o meta valmiñorano.

"Alguén tiña que fallar", dixo o futbolista do Santa Mariña. "Non pasa nada cariño, eu quéroche igual", a inmediata resposta materna, que seguiu os lanzamentos a escasos metros do campo. Seguro que a próxima vez o meterá.

Para visualizar ás fotos do Torneo, pique a continuación:

Galería fotográfica