A categoría feminina da Vigo Cup decídese esta noite en As Relfas e o Pahíño

vigocup2014___26A terceira e última xornada da fase de grupos en Damas promete. Co Sárdoma como único equipo xa clasificado no grupo B, El Olivo intentará manter as súas opcións de clasificación... que para iso defende o título. Non obstante, non o terá doado aínda que depende de si mesmo, ao igual que o seu rival, o Alertanavia, que suma os mesmos puntos (4).

Ambos os dous equipos, que xogan ás 22:00 horas no Municipal Pahíño, estarán pendentes do que faga o Salceda ante o xa eliminado Miño de Salvatierra. Porque aquelas levan dous empates e, se gañan (21:00, As Relfas), poden meter a cabeza en "semis". O seu resultado definirá o que teñan que facer Olivo e Alertanavia para pasar.

Mentres, O Montiño e Lavadores decidirán tamén en Navia cál dos dous vai aos cruzamentos camiño de Balaídos.

Para visualizar ás fotos do Torneo, pique a continuación:

Galería fotográfica