Juan Luis Carro, director da empresa colaboradora MOVISA, foi o encargado de extraer o boleto gañador en presenza do alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o presidente de VIDE e concelleiro de Deportes, Manel Fernandez. O Club Patín Vagalume foi o encargado de vender a papeleta afortunada. Un total de 20.000 euros repartíronse entre as entidades deportivas grazas a esta iniciativa de Manel Fernández en colaboración coa empresa patrocinadora de Siareiros, MOVISA.
O sorteo realizouse aproveitando a clausura do XV Campus VIDE, o pasado venres.