Cabecera Vide

Manel Fernández presenta a Carreira Feminina Correr e Andar

carreira_femininaO concelleiro de Deportes e presidente de VIDE, Manel Fernández, presentou onte a IX Carreira Feminina Correr e Andar organizada por El Corte Inglés en colaboración co Concello de Vigo. A cita será o domingo 29 de xuño e o evento sairá da Gran Vía (diante do centro comercial) para percorrer o traxecto de 3,2 quilómetros que lles levará á meta, no Náutico de Vigo, pasando por Urzáiz, Colón, García Barbón, Miragaia, Areal e As Avenidas.

A cita está reservada exclusivamente a mulleres de todas as idades e non haberá unha clasificación como tal, aínda que si se premiará a primeira en cruzar a meta, así como a participante de menor idade e a de maior. O grupo ou colectivo que reúna a maior número de persoas e vaian identificados cunha garantía en común conseguirá unha tarxeta regalo de El Corte Inglés de 300 €.

A inscrición estará aberta no departamento de Deportes de El Corte Inglés ata o próximo venres 27 de xuño e ten un custo de 5 €, destinándose parte del á ONG "A las 5 ".  A retirada de número/chip terá lugar na planta de deportes do centro comercial o sábado 28.

Todas as participantes ao finalizar a proba recibirán un regalo da organización e participarán no sorteo de produtos ofrecidos polas empresas colaboradoras co evento, que terá lugar sobre as 11.30 h. no palco do exterior do RC Náutico de Vigo. Tamén o Gimnasio Área ofrecerá unha clase de aerobic e hiphop.

Manel Fernández animou a todas as viguesas a sumarse a esta iniciativa deportiva que espera chegar, na súa novena edición, ao millar de inscricións.

www.carrerafemeninadevigo.com