Cabecera Vide

Santi Valladares e Mon Barreiro realizarán unha xornada de adestramento co Vigo 2015 de fútbol sala

vigofsO adestrador do Santiago Futsal, Santi Valladares e o seu segundo, coordinador das categorías inferiores e adestrador de porteiros, Mon Barreiro, realizarán o mércores unhas xornadas de traballo cos equipos do Vigo 2015, froito do convenio de colaboración que une a ambos os dous clubs e que promove unha formación continua dos técnicos do club vigués por parte dos profesionais que forman o Santiago Futsal.

Así, dende as 17 h de mañá mércores, Santi Valladares e Mon Barreiro estarán no Pavillón do Berbés en Vigo cos xogadores máis pequenos do club para responder ás súas inquietudes e realizar unha sesión de traballo con eles. Ás 18,30h desprazaranse ao Pavillón Manuel Antonio, onde realizarán unha sesión de traballo cos infantís e cadetes.

Ademais, dende o Vigo 2015 premiarase os seus propios xogadores polo traballo realizado durante a tempada, asistindo a algún adestramento en Santiago cos equipos do Santiago Futsal.

Tres xogadores do E.D.Vigo2015, xa deron o paso ao club Santiagués e dous deles Alberto e Samuel xa debutaron co primeiro equipo e o outro Kike co filial.