Horarios da Liga de Natación Escolar Concello de Vigo

natacionA Concellería de Deportes do Concello de Vigo está a desenvolver a Liga de Natación Escolar Concello de Vigo orientada a nenos e nenas de educación primaria da cidade de Vigo, e enfocada básicamente ó fomento e promoción da práctica da natación entre a poboación escolar.

 

Na Concellería de Deportes, conscientes da importancia da práctica deportiva en idade escolar, deseñouse esta actividade co obxectivo de potenciar, e sobre todo motivar, ós e ás máis xóvenes no ámbito deportivo, e en concreto na modalidade de natación.

Este proxecto nace a partir da convicción de que o fomento do deporte nas primeiras etapas de formación, contribúe a crear unha importantísima adherencia entre os e as escolares á práctica deportiva, algo fundamental na súa formación e no seu futuro.

Por outra banda, esta actividade, a pesar de ter un carácter competitivo, pon o acento fundamental na participación e no propio valor formativo da competición, polo que todos e todas os nadadores recibirán unha medalla que acredite a súa participación.

Esta Liga de Natación Escolar Concello de Vigo está orientada a todos/as aqueles/as nadadores/as de educación primaria matriculados/as nos colexios de Vigo, que ao longo da tempada 2013/14 estean matriculados no programa de natación ofertado polo Concello de Vigo, o IMD ou participen en cursos de natación a través das ANPAS.

Horarios Liga Natación Escolar (358.69 kB)