Cabecera Vide

O Club Vigo saíu derrotado de Vecindario

Os vigueses caeron derrotados 3-0. Encontro dos difíciles para o Vigo Voleibol ante o Vecindario ACE Gran Canaria, terceiro clasificado da competición, que non quería deixar pasar a oportunidade de levar a vitoria ante o último da táboa. En ningún momento os locais se relaxaron e mantiveron a orde para non se ver sorprendido no marcador. Os tres sets comezaron moi apertados e nos momentos de maior dificultade foron os que mais experiencia teñen os que levaron o resultado final á súa cuadrícula.

O primeiro set, comezou con certo tenteo por parte dos dous equipos o que significaba que o marcador fose sempre moi igualado. Ao primeiro tempo técnico chegouse cunha mínima vantaxe para os locais 8-7. A partir dese momento, Vecindario comezou a apertar pero non eran capaces de despegarse no marcador que chegou ao segundo tempo técnico cunha vantaxe de tres puntos 16-13. Nos momentos onde se debe ter a cabeza mais fría para afrontar os últimos puntos do set foron os locais os que coa súa grande experiencia levaron o set con bastante comodidade.

O segundo set, e malia os cambios realizados por Eduardo Sánchez, tivo un desenvolvemento moi parecido ao set anterior. Novamente moita igualdade no marcador e as diferenzas moi pequenas xa que mediado o mesmo soamente eran dous os puntos que os separaban. Cando o set finalizaba novamente os pequenos erros visitantes, froito da súa falta de experiencia, foron os que deron ao traste co set mellor xogado en todo o encontro pero que ao final os visitantes non puideron resolver de mellor xeito.

O terceiro set foi moi parecido ao primeiro se ben debemos dicir que foron os xogadores xuvenís, como se vén facendo ultimamente, os que o finalizaron facendo un papel moi decoroso ante un conxunto profesional dos poucos que quedan na competición oficial.

A derrota era previsible aínda que en ningún momento os vigueses, malia a desvantaxe de ser completamente amater, deixáronse levar polos distintos marcadores que se ían reflectindo no luminoso de Santa Lucía.

O próximo fin de semana os vigueses reciben a visita do actual Campión de Liga, o C.V. Teruel. Encontro que será o último desta tempada na nosa cidade e espera que o Pavillón de Coia sexa unha festa do voleibol e ver en acción os novos xogadores vigueses, ante o conxunto que agora mesmo encabeza a clasificación da máxima categoría do Voleibol nacional.


VECINDARIO 3 CLUB VIGO 0

Parciais: 25-15 (24m.) 25-18 (27m.) 25-15 (26m.).
Vecindario: Melminhi; Artiles; Biliato; Deniz; Castañeda e Alvarez. Libre Valido. Sen cambios.
VIGO: Sánchez; Parga; Linares; Alonso; Mateo e Rodríguez. Libre Cali. Tambien xogaron: Oscar Sánchez; Isaac Sánchez e Penedo.
Árbitros: Rodríguez e Padrón.
Pavillón Municipal de Vecindario - 150 espectadores.