Cabecera Vide

Outra apertada derrota do Xuvenil

Derrota do Xuvenil Teis ante o Sant Boi por 0-3. Por segunda vez nesta liga, o partido do do pavillón de Teis tívose que trasladar ao pavillón de Coia que aguanta as inclemencias do tempo. Como nos partidos anteriores, a nota xeral foi que as locais dominaban no marcador ata o segundo tempo técnico e que a partir de aí o set se ofrecía amablemente ao outro equipo. O parcial no primeiro set foi o máis folgado para as catalás por 20-25.

No segundo e terceiro set, os parciais foron iguais 25-27. No segundo set os empates repetíanse ata o punto 24, onde os fallos e a falta de confianza das locais deron o set ás visitantes. Pero foi no terceiro set onde as de Teis conseguiron ter un 24-21 a favor para conseguir o set. Só era un punto pero os nervios atenazaron as xogadoras de Veloso e non lles permitiu aproveitar ningunha das 3 bólas de set das que dispuxo. Ao final o set foi para as de Sant Boi por un 25-27.

Os equipos saben que cando visitan Vigo, lles vai custar algo de suor o principio de set pero que ao final se saben manter un pouco o xogo as de Teis lles cederán o set. Cabe salientar o traballo de defensa das de Veloso e os ataques de ambas as dúas centrais.

Polo C.V. Xuvneil Teis xogaron: Lucía, Noe, Lorena, Rosana, Rebeca, así e Ania como libre. Tamén xogaron Xulia, Nati e Mirella.
Polo Sant Boi xogaron: García, Montero, Gil, Montero, angulo, Castejón e Solanellas. Tamén xogaron García e Camacho.