O Vigo Squash brilla no Campionato Galego Sub 11/15

vigo_squashA pasada fin de semana, nas instalacións do Squash Santiago, celebrouse o Campionato Galego de squash sub 11/15 obtendo o Vigo Squash uns resultados excepcionais. Na categoría de sub 15 masculino, o gañador foi Cio García, que gañando todos os seus partidos incluída a final por tres cero conseguiu por segundo ano consecutivo o devandito campionato (solo ten 13 anos) e intentará referendalo en Madrid, dentro de dúas semanas, no nacional.

En categoría sub 11 feminino, Icia Riveiro, conseguiu tamén unha incontestable vitoria e a alzo (xa por terceira vez) co campionato galego sub 11.

O club vigués tamén conseguiu o Subcampionato Galego sub 11 masculino con Hugo Mon, ademais do subcampionato galego sub 15, con Marta Domínguez, e a medalla de bronce con Paula Franco. Excepcional resultado dunha das mellores canteiras de España subindo ao caixón en todas as categorías.

Manel Fernández, presidente de VIDE e concelleiro de Deportes do Concello de Vigo, quere felicitar ao club vigués polos seus éxitos conseguidos e ou traballo realizado a favor do deporte local.