Cabecera Vide

O Xuvenil cae ante o colista

A visita ao colista do C.V. Xuvenil Teis en Madrid non trouxo outra vitoria á cuadrícula viguesa e foron as madrileñas do cvleganes.com as que se adxudicaron o partido cun disputado 3-2 en 123 minutos. Aínda que as locais comezaron gañando por dous sets  cero e con parciais bastante axustados, 25-19 e 25-23. O segundo set deu paso á vitoria das visitantes por outro próximo 22-25, pero o set máis claro foi o cuarto onde as de Teis fixeron valer o seu ataque conseguindo un claro 16-25.

Tras esta clara vitoria as de Veloso non saben aínda o que é gañar nun quinto set e o cederon por un 15-9, no que as locais dominaron o marcador dende o principio do set.

Nestes momentos as xogadoras de Teis volven ocupar a última praza da Superliga2, o que este ano pode significar o descenso directo.

A próxima xornada recibirán ao R.G.C. Covadonga. O encontro xogarase o sábado 22 de febreiro, ás 18.15 h. no pavillón de Teis.