Últimos días para inscribirse na Liga de Natación Escolar Concello de Vigo

liga_natacionO prazo para inscribirse na Liga de Natación Escolar Concello de Vigo remata o vindeiro día 21 de febreiro. O pasado 21 de xaneiro, Manel Fernández, presidente de VIDE e concelleiro de Deportes, e Abel Caballero, alcalde de Vigo, presentaron o novo certame, organizado polo Concello baixo a dirección do Club Natación Vigo Rías Baixas e a colaboración da Federación de Pais e Nais de Alumnos.

A Liga de Natación está orientada a nenos e nenas de educación primaria da cidade de Vigo, e enfocada básicamente ó fomento e promoción da práctica da natación entre a poboación escolar.

Sen limitación de número, a Liga está aberta a todos os nadadores matriculados nos colexios de Vigo no ciclo educativo de Primaria que ao longo da tempada 2013/14 estean matriculados no programa de natación ofertado polo Concello de Vigo, o IMD ou participando en cursos de natación a través das ANPAS. As inscricións están abertas ata o próximo 21 de febreiro vía mail (Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.), fax (986 247 105) ou presencialmente na Fundación VIDE (r/Cesáreo Glez. s/n-baixos I.M.D.).

Os participantes, rapaces e rapazas, divídense en categoría promesas -nados entre 2006 e 2008- e benxamín -de 2002 a 2005-, competindo en ambos casos en probas de 25 metros estilo libre e costas durante as tres xornadas da Liga: o 9 de marzo, o 27 de abril e o 8 de xuño, na piscina municipal do Carme e en horario de mañá. Cada nadador e nadadora participará nas dúas modalidades polo sistema de contrarreloxo, cos resultados acumulativos das tres xornadas.

Abel Caballero explicou que o Concello de Vigo entregará medallas a todos os participantes na Liga, ademáis de conceder un trofeo ao colexio con maior participación e outro aos tres centros educativos mellor clasificados.

Máis información...