Cabecera Vide

Derrota do Xuvenil nun gran partido

Grande partido o disputado na tarde do sábado no pavillón de Teis. As xogadoras do Xuvenil de Teis enfrontábanse ao CAEP Soria para esta competición (2-3) . Os primeiros compases do partido foron claramente para as xogadoras de Soria, con parciais de 1-8 e 9-16 nos tempos técnicos. Tras dous tempos mortos do equipo local o set decantouse para as sorianas por un 13-25.

Pero no segundo set e cun comezo irresistible das locais, 8-1, as xogadoras de Teis souberon encadear moitas xogadas de defensa e facerse co set por un cómodo 25-18. Tras o empate a sets, o equipo de Teis seguiu mandando no marcador poñendo por diante ata o empate a vinte, a partir de aí os dous equipos puxeron toda a carne no asador para facer un final de set do máis apertado. O equipo vigués chegou a ter un balón de set no punto 25-24, cando Veloso a vió obrigado a pedir un tempo morto. Tras ese parcial chegou o empate a vinte e cinco e a vinte e seis puntos que facían manter a esperanza ao público. Pero as xogadoras de Soria puideron enlazar dúas xogadas positivas e adxudicáronse o set por un 26-28.

As xogadoras locais comezaron o set por diante outra vez, pero as visitantes enseguida colleron o mando cun cómodo 14-21. Pero tras varios saques de Eva Lois e de Lorena Cruz, que puxeron en jaque á recepción soriana o set chegou a empate a 22 puntos. No transcurso do set aa colocadora Asia de Teis sufriu un choque coas súas compañeiras e tivo que ser substituída por Xulia, sen entrañar máis gravidade a lesión.  Outro empate a 23 e a 24 fixeron que as novas xogadoras do CAEP perdesen a concentración, facendo que as locais se adxudicasen o set por 26-24.

Con empate a dous sets xogouse o quinto e definitivo set, onde as viguesas se colocaron por diante no cambio de campo cun 8-7. Pero dende ese punto as xogadoras de Teis non conseguiron unha boa recepción para conseguir máis puntos e o set e o partido foron para as visitantes.

O partido foi dun alto nivel de defensa por parte das locais, pero segue sin darlles unha vitoria. Cos dous sets gañados o equipo de Teis sae da última posición da táboa, que agora o ocupa o cvleganes.com ao que se enfrontarán as galegas a próxima fin de semana.

Polo C.V. Xuvenil Teis xogaron: Lucia, Noe, Lorena, Rebeca, Eva, Xulia e Ania como libre. Tamén xogaron Asia, Rosana, Nati e Carmen.
Polo CAEP Soria xogaron: Figueroa, Grima, Porras, Canet, Duarte, Lobato e como libre Gomila. Tamén xogaron Ordóñez e Rodríguez.