Cabecera Vide

Manel Fernández presenta o VII Rallye Cidade de Vigo de automóbiles clásicos

rallyO Presidente de VIDE e Concelleiro de Deportes do Concello de Vigo, Manel Fernández, presentou onte no Centro Comercial Camelias a sétima edición do Rallye Cidade de Vigo de automóbiles clásicos. No acto estivo acompañado do presidente da Escudería Vigo Clásicos, Estanislao Troncoso, e do seu vicepresidente, Vicente González.

O Rally terá lugar o sábado con saída no Centro Comercial Gran Vía ás 10.30 horas.  Os participantes sairán minuto a minuto para recorrrer 260 quilómetros. A chegada será á explanada do Muelle de Trasantlánticos de Vigo, onde os coches se concentrarán a partir das 20.00 horas. O venres no Centro Comercial realizaránse as verificacións técnicas e administrativas.

A proba celébrase na modalidade de regularidade non deportiva para vehículos clásicos, considerados como tales aqueles fabricados antes de 1974. Non prima a velocidade, senón a táctica e orientación.

O rallye dividirase en dúas seccións: o primeiro con sete tramos; o segundo, con oito. Os participantes disporán dunha hora para comer en A Cañiza. Alí estarán estacionados na rúa Álvaro Cunqueiro, detrás do restaurante O Pozo, dende as 14.00 horas. Tamén se realizarán dous descansos de vinte minutos, un pola mañá na Comunidade de Montes de Borbén e outro, de tarde, na Praza maior de Ponteareas.